Monday 29 de April de 2024

Cea fría de Alternativa o venres en Nós, na polideportiva da Casa do pobo


Alternativa dos Veciños continúa este venres en Nós as ceas frías que servirán para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. O acto comezará ás 21:00 horas, na polideportiva da Casa do pobo, e coma sempre será aberto a todos os veciños e veciñas interesados en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura.

“Todos os veciños e veciñas están invitados a participar neste acto”, comentou o candidato e presidente do partido Ángel García Seoane.